martes, 28 de febrero de 2012

Reportaje en MANIOTAS, TVG. Juancho Armental




http://www.crtvg.es/crtvg/crtvgviva/maniotas-lidera-a-sua-faixa-de-emision-cun-14-de-cota-de-pantalla

“Maniotas” lidera a súa faixa de emisión cun 14% de cota de pantalla


A audiencia galega apoiou o seu cambio de horario, chegando a acadar picos de 17,2% de 'share'

O partido Sabadell-Deportivo, ofrecido o sábado na tvG2, foi tamén cunha cota de 13,2% o espazo máis visto durante a súa transmisión

Na véspera, “Luar” outórgalle á TVG o liderado no 'prime time' galego cun 17,9% de 'share'

Santiago, 27.02.2012.- Os espectadores galegos respaldaron o cambio de horario do espazo “Maniotas” á faixa do serán do sábado, outorgándolle nos rexistros de audiencias unha cota de pantalla de 14%, sendo así o programa máis visto durante a súa emisión. “Maniotas”, que se estreou na Galega este mes de febreiro, é unha serie documental, dirixida a toda a familia, que transmite a través dos seus protagonistas a importancia da práctica do deporte. A entrega ofrecida este sábado pasado, na que se achegaban dúas novas historias de reto e superación, chegou a rexistrar un pico de 17'2% de cota, ás 19.48 horas.

Tamén o sábado, aínda que na segunda canle da Televisión de Galicia, a tvG2, a transmisión do partido Sabadell-Deportivo foi a proposta televisiva máis vista na súa faixa de emisión ao acadar un 13,2% de cota de pantalla, segundo recolle o informe de audimetría que elabora a empresa Kantar Media.

Na véspera, o musical “Luar” levou outra vez á TVG a liderar as audiencias no 'prime time' galego ao conseguir un 'share' de 17,9% e unha audiencia media de 176.000 espectadores. Durante a emisión do programa, a Galega situou a súa cota a 7,1 puntos por riba do seu competidor máis próximo, Tele5 (10,8%).

No hay comentarios: